Amosando publicacións coa etiqueta lexislación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lexislación. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de xuño de 2018

RGPD: Protexendo os datos do noso alumnado

typography images, 154 en Pixabay CCO 1.0
Levamos xa un tempiño bombardeados por correos electrónicos de empresas que se botaron á carreira a última hora para recabar o noso consentimento explícito e informado e evitar sancións. Tempo houbo pois aínda  que o Reglamento General de Protección de Datos (RGPD) entrou en aplicación o 25 de maio,  xa levaba dous anos en vigor, desde 2016.

No ámbito educativo non podemos despistarnos tampouco, primeiro polo carácter sensible dos datos que tratamos (situación socioeconómica ou datos de saúde, por exemplo), moitas veces de menores, un colectivo especialmente vulnerable; e segundo polos hábitos que ao mellor temos arraigados e precisan revisión.

Artigos coma este, que falan dos riscos do emprego de plataformas sociais de aprendizaxe como Edmodo ou Schoology ou estudos coma este que analiza como se pode vulnerar a privacidade do noso alumnado a través do emprego de certas aplicacións, fannos reflexionar sobre as decisións que ás veces tomamos na aula, coa mellor intención sen dúbida, pero ás veces sen pararnos a analizar os parámetros de seguridade e privacidade coa suficiente atención. E eu a primeira, que empreguei Edmodo durante uns 8 anos confiando en que ao ser con fins educativos o tratamento dos datos sería responsable.

O certo é que as tecnoloxías facilítannos moitísimo a nosa labor de xestión académica e ofrécennos a posibilidade de crear contidos atractivos e innovadores. Non hai que demonizalas, pero si elixir con tino considerando todas as variables sen deixarnos absorber pola voráxine tecnolóxica en que vivimos.

Ben podemos comezar por analizar as necesidades e valorar os riscos das opcións que estamos barallando. A.W. Bates por exemplo recomenda no seu libro Teaching in a Digital Age. Guidelines for Designing Teaching and Learning reflexionar sobre as seguintes preguntas:

  1. Que información do alumnado estou obrigado a manter en privado e segura? ¿Cales son as políticas da miña institución ao respecto?
  2. Cal é o risco que implica o uso dunha tecnoloxía en particular que poida facilmente violar as políticas de privacidade da miña institución? Quen me podería asesorar ao respecto?
  3. Que áreas do ensino-aprendizaxe precisan ter lugar a porta pechada, é dicir, que só estean disponibles para o alumnado matriculado no curso? Que tecnoloxías permitirían lograr ese obxectivo?

Outra acción necesaria sería familiarizarnos ben co RGPD e as súas implicacións para o noso traballo na aula e no centro educativo. A este respecto, onte (27 de xuño) tiven o privilexio de escoitar o relatorio "Protección de datos" de Víctor Salgado. Socio de Pintos & Salgado, é un avogado especializado en Dereito Informático desde 1997 e conferenciante asiduo na materia de diferentes aspectos legais relacionados co emprego da tecnoloxía (reputación na rede, intelixencia artificial, robótica e ciberdelitos entre outros). De feito, na súa web preséntanse como "el primer bufete de Galicia especializado en Derecho Informático (...) con más de quince años de experiencia en consultoría legal informática, propiedad intelectual y auditoría e implantación de normativa de protección de datos de carácter personal".

Fonte: https://pintos-salgado.com

De seguido reproduzo algunhas anotacións que me pareceron relevantes, aínda que tede en conta que non deixa de ser un resumo. Para información confiable e detallada, por favor, acudide ao propio RGPD,  en particular ás normas para empresas e organizacións

Salgado indicounos que o RGPD realmente é un regulamento europeo que sufriu modificacións serias recentes na súa versión española e que está aínda pendente a reforma da Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre de Protección de Datos de Carácter personal, que desenvolverá parte dese regulamento.  O que si implica é o comezo dun cambio na mentalidade e a cultura da privacidade.

O avogado revisou de seguido 10 novidades do RGPD:
  1. A responsabilidade proactiva (en inglés accountability) que implica que os datos teñen que manterse íntegros e que teñen que ser confidenciais.
  2. A privacidade no deseño e por defecto. Quere dicir que os axustes deberían facer que as nosas publicacións fosen privadas, non públicas, ou sexa que por defecto deberiamos sentirnos protexidos/as, non ao contrario.
  3. Transparencia e consentimento reforzados. As celas deberían aparecer desmarcadas (non marcadas por defecto) e os conceptos desglosados cando hai varios consentimentos (celas e parágrafos separados).
  4. Novos datos sensibles: xenéticos e biométricos.
  5. Novos dereitos: portabilidade e limitación do tratamento (unha limitación temporal sen ser supresión [que antes se chamaba cancelación]).
  6. "Flexibilización" das medidas de seguridade. É dicir, cada empresa ou organización pode elixir as medidas que adopta, pero ten que demostrar que son suficientes, efectivas e que se aplican de xeito continuado.
  7. Xa non é necesario dar de alta ficheiros na AEPD.
  8. Nova figura: o Delegado de Protección de Datos, un especialista en dereito de protección de datos que se crea ao carón das figuras do responsable e do encargado do tratamento de datos.
  9. As notificacións de violacións de seguridade terán que comunicarse á AEPD nun prazo máximo de 72 horas. Nesta ligazón temos un documento co procedemento.
  10. Avaliación de impacto na privacidade. Esta avaliación é herdada dunha normativa medioambiental que invita a prever cales son os danos ou riscos implícitos. Cando realizamos algunha acción debemos pensar na privacidade e definir se vai haber riscos altos. En caso de dúbidas, o regulamento indica unha serie de casos nos que vai haber que facer unha avaliación de impacto. Hai unha guía que afonda neste aspecto, pero Víctor convidounos a ter nos centros educativos un equipo multidisciplinar que inclúa un responsable do proxecto, un responsable da información e un representante do colectivo afectado. É dicir, cómpre preguntar ao alumnado e aos pais e nais e tendo en conta esa análise, redactaremos un informe. Se constitúe un alto risco, debemos envialo á AEPD e ela decidirá se 1) se leva a cabo; 2) se anula; 3) se leva a cabo con medidas adicionais.

En resumo, o RGPD non nos vai obrigar a ter unha seguridade total pero si a cumprir cuns mínimos. Debemos cambiar a idea que temos de "custodia de ficheiros" e pensar en "actividades de tratamento de datos", deseñando un proceso de control para asegurarnos de que cumprimos todas as premisas de protección, conservación e eliminación racional da información.

Para saber máis:

martes, 17 de abril de 2018

Autoavaliando o uso de dispositivos móbiles na aula

Ando a facer unha revisión e autoavaliación estes días do xeito en que traballamos cos dispositivos móbiles na aula, ao fío da preparación dunha leria en Twitter sobre este tema e das reflexións e preguntas que outros/as compañeiros/as están formulando (#CAFI_ddmm).

Se afondamos un pouco no tema, observamos que no noso contexto (falo de España, baseándome en estatísticas deste estudo que foi o máis recente que atopei), o emprego de dispositivos móbiles (tabletas e teléfonos intelixentes) é xeralizado. 

O móbil é o dispositivo máis empregado para acceder a internet, usado polo 94,6% e dedicándolle máis tempo (170 minutos ao día fronte aos 120 no ordenador ou 75 na tableta). A preferencia por Android é tamén acusada (83%). E dentro das aulas? Os hábitos varían: nalgúns centros educativos o seu uso está prohibido, noutros úsase de xeito ocasional e nalgúns outros intégrase no traballo de aula. 

No primeiro que pensamos é no marco legal. A UNESCO recomenda nas súas pautas para a aprendizaxe móbil o seguinte:
"Avoid blanket prohibitions of mobile devices. Universal bans, unless implemented for well-considered reasons, are blunt instruments that usually obstruct educational opportunities and inhibit innovation in teaching and learning.
No tocante á normativa autonómica, o Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar indícanos ao respecto do uso de teléfonos móbiles o que vemos na seguinte captura do artigo 19, punto 4:


Cando se trata do emprego de aplicacións ou redes sociais específicas, cómpre  comprobarmos a idade mínima, ler os termos de uso con lupa e manterse alerta aos cambios que poidan sufrir, sobre todo cando implica a terceiros (non hai máis que ver o recente caso de Edmodo).

O seguinte aspecto que nos preocupa son as oportunidades e retos que xorden a raíz do emprego destes dispositivos, ben sexan móbiles ou tabletas. Os beneficios da aprendizaxe móbil son múltiples: portabilidade, variedade de dispositivos, flexibilidade, formato e deseño atractivos entre outros. Pola outra banda, algunhas das preocupacións que temos como docentes son o acceso a material inapropiado, comportamentos conflitivos ou discriminatorios ou o feito de que o seu emprego exacerbe as desigualdades sociais.

Alén destes dous aspectos, interésanos saber que opinan os/as investigadores/as e os/as que xa teñen un percorrido de emprego de dispositivos móbiles na aula. De seguido recollo unha escolma, que nos pode servir de punto de partida para a reflexión dos varios aspectos que entran en xogo:
"Es cierto que, en gran parte, muchas de las funciones que tienen estas tecnologías no fueron diseñadas con propósitos educativos, sino más bien comunicativos. No obstante, es necesario revisar y hacer una selección de aquellas que pueden ofrecer algunas ventajas potenciales para el aprendizaje y, en su caso, proponer nuevas herramientas partiendo de lo que es posible hacer con estos dispositivos" (Cabrera Muñoz et al., 2012)
"... necesitamos renovarnos y mantener una actitud receptiva y abierta a ese cambio, pues la llegada de estos dispositivos abre nuevos senderos para la exploración, la investigación y el desarrollo educativo apoyado con la tecnología" (Cabrera Muñoz et al., 2012)
"... aquellos docentes que más utilizan estos medios se sienten más familiarizados con ellos, con mayor confianza, y esto les permite salir de “su zona de confort” y atreverse con dinámicas de trabajo nuevas. Este uso no tiene que ser profesional, de hecho, los docentes que más utilizan las TIC como entretenimiento se confirman como mejor dotados en su utilización y más capacitados para promover innovaciones en las aulas" (Pozuelo Echegaray)
"Eliminarlos en el aula resulta artificial y contraproducente desde el punto de vista de que perdemos la oportunidad de orientar su uso con fines educativos o incluso de autocontrol de la propia conectividad" (Dolors Reig)
“El ‘m-learning’ es una de las herramientas más poderosas de enseñanza y aprendizaje, con un potencial excepcional para romper las barreras que separan a profesores y estudiantes" (Eduardo Amos)
"... más allá de responder con un sí o un no al uso del móvil en el aula, primero debemos preguntarnos cómo, por qué y para qué lo incorporaríamos a nuestras clases. Una vez que tengamos las respuestas, debemos planificar la clase en torno a ellas para lograr una experiencia educativa, creativa y gratificante para todos los involucrados” (Viviana Araya)
"... está claro que la tecnología, por ella misma, no propicia el éxito educativo, sino que es necesario que el docente establezca una adecuada política de uso, con un sentido de responsabilidad en la producción y oferta de contenidos desde los aspectos pedagógicos" (Yolanda Quiazua)
“Los adolescentes conocen la tecnología pero necesitan guías que les formen y les orienten para que las herramientas, las aplicaciones y el exceso de información se conviertan en un hecho educativo” (Evaristo González)

Para saber máis: