sábado, 3 de abril de 2021

SBLENDID: Segunda mobilidade (curso impartido por Europass TA)

 

Interfaz do curso (Moodle)

Desde o vindeiro luns día 5 e durante unha semana (ata o día 9 de abril) 9 docentes de EOI galegas xunto con 2 da EOI de Pamplona e Alicia Eizaguirre (asesora no Departamento de Linguas do CAFI), participaremos na segunda mobilidade do proxecto Erasmus+ SBLENDID "Escuelas que usan el aprendizaje mixto para dialogar sobre pedagogías interrelacionadas".

Temos moitas expectativas cifradas neste curso, tanto a nivel de aprendizaxe como de creación de redes entre nós. Non coñezo á maioría de docentes que nos acompañarán, daquela será unha oportunidade de crearmos comunidade entre diferentes linguas e varias EOI. No proxecto indicamos o seguinte respecto a esta mobilidade:

MOVILIDAD 2: Marzo/abril de 2021 (5 días). Una actividad formativa de nivel básico que abarca los elementos necesarios para diseñar un curso, desde la generación de ideas, selección de herramientas más apropiadas hasta su integración en un modelo global.



Revisar os obxectivos e actividades que se formulan nun proxecto Erasmus+ (en calquera proxecto en verdade), é un exercicio necesario. Segundo foi avanzando o traballo en pequenos grupos, e despois da primeira mobilidade virtual realizada no mes de decembro (que resumimos aquí), pareceunos que deseñar un curso era un obxectivo demasiado ambicioso para profesorado que se achega por primeira vez á modalidade semipresencial, e que quizais cumpría abordar aspectos que cruzasen dalgún xeito con desafíos aos que se xa se tiñan enfrontado na súa clase presencial e que se acentuaban na modalidade semipresencial. 

Por outra banda, demos atención á petición que se fixo desde as coordinacións das diferentes EOI de que o curso non fose en inglés para que iso non supuxese un obstáculo para as persoas destinatarias, é dicir, docentes sen experiencia previa na modalidade semipresencial ou a distancia.

Para iso retomamos o diálogo con Europass Teacher Academy, que iniciamos no mes de novembro por recomendación da EOI de Murcia, unha escola que tiña feito mobilidades con eles cun nivel alto de satisfacción.

Tania e Ambra, xestoras da institución, e Carolina Castro, docente dos cursos, mostráronse moi abertas a adaptar o curso ás nosas necesidades, o cal é de agradecer. Depois de diálogos por teléfono e vía correo electrónico, e tras unha revisión previa dos contidos e obxectivos con Cristina Catalán, coordinadora do proxecto Erasmus+ da EOI de Pamplona, tivemos unha videoconferencia conxunta para acordarmos as condicións finais.


Videoconferencia EOI Pamplona, Europass TA e CAFI


De seguido recollemos os contidos desglosados por días, sen incluír as tarefas que temos que facer fóra do noso horario de aulas sincrónicas.


Programa definitivo do curso 


Nesta ocasión, aparte dos dous compañeiros/as da EOI de Pamplona, compartiremos experiencia de aprendizaxe con Carmen e Rosa da EOI de Monforte; Begoña da EOI de Pontevedra, Rut da EOI de Ourense; Ana, Ángeles e Uxía da EOI de Coruña; e Marta e Luís da EOI de Santiago. Alicia Eizaguirre e eu mesma dividirémonos para asistir á metade do curso cada unha, pois a carga de traballo que temos agora mesmo no CAFI impídenos ás dúas unirnos durante toda a semana.

Aínda que o curso comeza oficialmente o luns, o xoves día 1 recibimos un correo electrónico de Carolina Castro presentándose e convidándonos a facer unha videopresentación a través da plataforma de vídeo Flipgrid indicando o noso contexto e experiencia, os obxectivos a alcanzar máis importantes e as estratexias empregadas en cursos de formación previos que nos resultaron útiles. O meu queda aquí, pero coido que é de acceso privado, daquela subín a Youtube estoutro de carácter máis xeral coa presentación do curso e das primeiras impresións do espazo Moodle.





1 comentario:

  1. youtube.in/ - Videosloot.cc
    youtube.in/ | Videosloot.cc. YouTube videos best youtube to mp3 related to. YouTube.in. youtube.in. Videosloot.cc. YouTube videos related to. youtube.in. Videosloot.cc. YouTube videos related to

    ResponderEliminar