domingo, 28 de outubro de 2018

Apuntamentos visuais (III)

Sigo investigando un pouquiño sobre os apuntamentos visuais e aquí vos comparto as descubertas. 

Por exemplo, este artigo que dá 6 maneiras para pensar coma un viñetista. Ben é certo que os contidos están moi dirixidos ao mundo da empresa, pero tamén se poden extrapolar ao noso ámbito, o educativo:

  1. Un gran contido contén unha gran verdade. Tentar resumir o que queremos comunicar nunha soa frase.
  2.  A verdade é simple. O único antídoto contra a complexidade é a simplicidade. 
  3. Pensa de forma visual. Escollamos grandes apoios visuais (infografías, viñetas, imaxes) que conten unha historia.
  4.  Busca emocionar. As emocións -non os pensamentos- son os que nos moven a actuar.
  5. Céntrate no teu destinatario, que o teu receptor se vexa reflexado na mensaxe.
  6.  Deixa ver a túa voz. Sé humano e que se transparente a túa personalidade.
O segundo achado foi un blog precioso que xa non se actualiza (desde 2012) pero que ten moreas de ideas e referencias a ilustradores e diseñadores gráficos incribles. Trátase de The art of visual thinking, o blog de Michael Fink e Pam Barby, profesores no Pennsylvania College of Art & Design e Lebanon Valley College. O blog creouse para os estudantes de Communication Arts co fin de proverlles información e inspiración.

Está interesante tamén o seguinte vídeo sobre visual thinking:


Por último, o libro The Idea Shapers: the power of putting your thinking into your own hands (2016) que ten moi boa pinta. Un extracto:
"Within the making of a drawing are countless choices. A power of drawing is in the choices that make a physical drawing. When you use any of the Idea Shapers, you are making physical objects. A drawing. A stack of cards. A giant map. A tiny icon. In your object-making you make a multitude of choices: which pen to use, which color, what surface to draw on, what to draw.
When deciding what to draw you will also make many decisions about your content: Does this idea belong in this drawing? How do I phrase it? Is there an image that supports it? What is the placement? Size? Style? Color? How does this one piece relate to the other pieces I've already established on the page?"

Ningún comentario:

Publicar un comentario