venres, 30 de marzo de 2018

Experimentando cos apuntamentos visuais ( "sketchnoting")

Desde o NOOC "Visualiza pensamientos e ideas" estou viciada do sketchnoting e tentando explorar as posibilidades que ofrece tanto a nivel persoal como profesional. Aquí chamámoslle visual thinking non sei moi ben por que.  Visual thinking é un termo global que inclúe múltiples técnicas relacionadas co pensamento e a expresión visual da información,  por exemplo un diccionario visual, ou unha flashcard. Entre elas está tamén o sketchnoting, que non é cousa nova. Seguro que todos nalgún momento da nosa vida académica fixemos esquemas visuais (de maior ou menor complexidade e/ou calidade artística) dun tema ou dunha charla. 

Cal é o obxectivo do sketchnoting?

Transformar ideas en comunicación visual, estruturando pensamentos e xerarquizando conceptos cunha serie de ferramentas para crear un produto final que nos permita ter unha visión global con tan só unha ollada.

Hai varias características que o fan atractivo para min: 

1) aínda que é un medio visual, non esixe ter unha habilidade especial para debuxar; 

2) o propio nome sketchnoting xa indica que é un borrador, un bosquexo, un produto en construción, coma o coñecemento en si mesmo; 

3) ten unha parte pública, unha persoal e unha de práctica, xa que permite explorar o estilo propio e o dos demais e irse enriquecendo mutuamente; 

4) hai que facelo a man, tanto sexa nun dispositivo móbil como nun caderno. As vantaxes de facelo   destácanse neste artigo.

Como se fai o sketchnoting?
  • Táctica
Os expertos din que hai que escoitar, sincronizar e procesar a información, visualizala e plasmala de xeito sinxelo. 

Para os novatos coma min, vén ben examinar os elementos dos que podemos botar man nos nosos esquemas: texto, contedores (caixas, banners, "bocadillos"), conectores (frechas e liñas), marcos (tipo caixas de cómic, camiño, círculo) e iconas varias. Cando os temos dominados, podemos pasar á parte máis estética incluíndo sombreado e/ou cor.
  • Ferramentas
Cada un/ha que elixa: ben unha ferramenta analóxica (caderno e rotuladores) ou dixital (tableta). 

Estou probando as dúas opcións e de momento teño limitacións na tableta, pois é un iPad mini e non hai un lapis dixital axeitado para el (só para o iPad Pro), polo cal estou usando os típicos bolis touchscreen que son incómodos e non permiten moita precisión. En canto ás aplicacións, emprego Sketches que é gratuíta, aínda que hai outras como Notability, neu.Notes+ e Procreate; iso si, todas elas de pago. 

Posibilidades para a aula

As posibilidades, ao meu parecer, non están tanto no resultado final como nas habilidades que nos fai pór en acción: atención, comprensión, síntese e estruturamento da información e creatividade.

Podemos comezar por traballar con sketchnotes engadidas ás marxes dun texto ou en notas post-it. De aí pasamos a simplificar e sintetizar as ideas principais dun vídeo que acabamos de ver, resumir contidos dunha exposición oral dunha compañeira ou recoller os aspectos máis relevantes dunha chuvia de ideas. 

Cando o alumnado xa produza as súas propias sketchnotes, podemos compilalas todas en Pinterest, Instagram, nunha bitácora ou nunha comunidade Google (un exemplo desta última é o grupo Sketchnote Scribes). Estas notas visuais parécenme excelentes ferramentas para repasar contidos ou comunicalos a outros.

Como podo comezar co sketchnoting?

Xusto o 26 de marzo deste 2018 botou a andar a iniciativa Sketch50 (a web aquí) onde propoñen un reto de 50 días para construír o teu propio vocabulario visual e axudarche a mellorar a toma de notas visual. Cada semana lanzan un tema e anímannos a investir 5 minutos ou menos debuxando algo relacionado con el. Como é habitual, independentemente dos nosos produtos, o interesante é ver os recursos que van compartindo os demais, ir practicando e aprendendo pouco a pouco. Animádevos e para o vindeiro ano, o 11 de xaneiro (World Sketchnote Day), facemos algo!





Recursos na rede:

Recoméndovos os perfís en Twitter de Carrie Baughcum, Marie-Andrée Ouimet (que ademais comparte materiais en francés) e Kathy Schrock. Aquí en España temos a: Clara Cordero, Garbiñe Larralde ou Garabateadora entre outras.

xoves, 29 de marzo de 2018

Premio para as mozas STEM das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal

Un estudo recente do catedrático Martin W Bauer do Departamento de Ciencias Psicolóxicas e Condutuais da London School of Economics (LSE) analizou grupos de rapazas menores de 30 anos en 12 países europeos (entre os que non estaba España).

Entre as conclusións máis importantes está a que indica que hai unha fiestra de oportunidade de 4 anos (entre os 11 e os 15) para fomentar a paixón polas materias STEM entre as rapazas, xa que a partir dos 15 e os 16, ese interese decae. Hai que aproveitar 5 forzas: o ánimo e a mentorización; a experiencia práctica; as aplicacións na vida diaria; a confianza na igualdade e os modelos femininos visibles.

Fonte: Graph 1 Why Europe's girls aren't studying STEM

O estudo propón varias accións para fomentar as vocacións STEM dentro e fóra das aulas, porque hai maneiras tanxibles de axudar ás mozas a adquirir habilidades científicas e tecnolóxicas, entre as cales se contan Europe Code Week, Hour of Code ou Girls in ICT Day.

A nivel galego tamén temos casos dignos de mención que están facendo un traballo espectacular. Un exemplo son as Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, unha iniciativa da Fundación Pondal que dirixe David Ballesteros, da empresa viguesa Ceo Aberto.

Este artigo de La Voz de Galicia de hai un par de días recollía un dos moitos logros das alumnas destas aulas: dous premios na Exporecerca Jove en Barcelona. Alén dos premios e os recoñecementos, a metodoloxía de traballo e os proxectos que levan a cabo son certamente interesantes, e quixemos coñecelos a través dunha conversa con Uxía López, Esther Suárez,  Natalia Fariña Lucía Suárez.

UxíaNataliaLucía e  Esther (fotografía de Basilio Bello)
Esther cursa 2º da ESO, Uxía e Lucía 3º e Natalia 1º de Bacharelato. Levan dous ou tres anos nas Aulas Científico-Tecnolóxicas e en todas se percibe a motivación e o entusiasmo polos proxectos nos que traballan. Falamos con elas para que nos conten un pouquiño máis da súa experiencia nas Aulas e tamén dos proxectos que presentaron  na Exporecerca Jove.

- De onde vos vén ese interese pola ciencia e a tecnoloxía? 

Esther: A raíz das Aulas Científico-Tecnolóxicas. O primeiro ano programaba con Scratch, cousas pequenas, como a caixa de música dunha bailarina. O segundo ano xa seguín con Arduino.

Uxía: Gústame a ciencia desde pequena e ao entrar nas Aulas vin que máis que a teoría das clases había unha práctica máis divertida onde ti podías crear. O cole é máis teoría e non podes ti experimentar tanto.

Natalia: Gústame, e aparte meu irmán tamén fixo bacharelato científico.

Lucía: Meu padriño estuda os ordenadores e é informático e xa desde pequena me gustou moito a ciencia e tecnoloxía. Comenteillo aos meus pais e este é o segundo ano que estou nas Aulas Científico-Tecnolóxicas.

- Podédesnos contar como é o traballo nas aulas Parga Pondal?

Esther: Nós pensamos un traballo e comentámosllo a David. Pode ser un traballo de investigación ou tecnolóxico. A partir desa idea vainos dando pautas. Por exemplo, a nosa idea do "Cero Lume" xurdiu cando vin que en Galicia e Norte de Portugal houbo incendios. Xa que non se poden erradicar, polo menos diminuílos.

Lucía: Cando comeza o curso ti levas unha idea do que queres facer e coméntala e os demais axúdanche a decidir por onde tirar e os materiais que necesitas. Nós tiñamos varias ideas, pero ao final decidimos facer unha estación meteorolóxica para controlar e previr incendios. 

Uxía: Ao principio do curso falamos cos compañeiros novos e contámoslles de que vai aquelo e ti alí podes poñerte en grupo para facer proxectos e experimentos ou traballar soa. É moi importante elixir unha cousa que che chame, centrarte no que che guste. Despois, nas aulas hai tecnoloxía: arduinos, micro:bits e material de laboratorio para proxectos máis científicos. Podes levar a placa para casa para practicar e non só cos profes, senón que pola túa conta vaias investigando e aprendendo.


- Cantos sodes nas Aulas científico-tecnolóxicas?

Esther: Somos uns 11/12 rapaces. A maioría somos rapazas, menos 2 rapaces. Diego tiña un proxecto moi bo pero non quixo vir expoñelo.

- E por que credes que sodes máis rapazas que rapaces?

Uxía: Agora hai máis mulleres na ciencia, non é como antes que quen estudaba máis eran os rapaces, agora imos todas á escola e os intereses vanse compartindo. 

Lucía: Penso que aos rapaces interésanlle máis os deportes. Na nosa escola tampouco hai moitas rapazas ás que lles interese a tecnoloxía, a ciencia.

- E vós que preferides, o traballo en grupo ou soas? 

Esther: A maioría traballamos en grupo, en parellas. Os máis maiores van individuais. Eu prefiro en parella porque para as feiras sobre todo, apoiámonos mutuamente. 

Lucía: Eu sempre en grupo. O ano pasado fixera un traballo sobre lingua con outra compañeira que este ano está en bacharelato. Este ano traballei con Esther.

Uxía: Mellor en grupos e entre todos axudarse, porque hai compañeiros que xa traballaron con programas e aparellos e ti non. 

- Que tedes que dicir do profe, David Ballesteros?

Esther: Que é majísimo, ten unha tranquilidade! Dache seguridade, se te equivocas non pasa nada, diche: "Pénsao dúas veces, esto non pode ser así, dalle unha volta".

Lucía: Téñolle moito que agradecer pola súa axuda, e tamén a José María Varela e ao meu padriño.

- Contádesnos os proxectos que levastes á feira? 

Esther: O noso proxecto chámase "Cero Lume". É unha maqueta conectada por Arduino, cun anemómetro e un sensor de temperatura e humidade, que emite unha alarma a máis de 30ºC ou 30 km/h. 

Lucía: O estudo do ano pasado era sobre lingua, sobre as diferentes palabras dos dous lados da ría (o seseo, a gheada), pero vin outros traballos que me chamaban máis a atención. O proxecto deste ano é unha estación meteorolóxica que cando chega a uns valores determinados encéndense os LEDs e manda un sinal de prevención a unha central onde se controla esa maqueta.


Uxía: Eu é o terceiro ano que vou á feira. Para esta vez fixen un xoguete dixital para estimular diferentes sentidos dos nenos. Comecei en setembro a traballar nel e a idea veume porque teño moitos primos pequenos, e cando lle regalan xoguetes, céntranse nun ámbito, se se relacionan coa música non lles permite que aprendan con outros sentidos. Eu quería un xoguete onde todo estivese xunto, como moitos xoguetes nun, e que non se aburrisen. O meu xoguete está programado con Arduino e leva un sensor de movemento, un pequeno motor e un micro:bit. É unha placa cunha pantalla para que o neno ao premer botóns se proxecten obxectos cotiás coma un coche ou unha casa. Combina música, movemento e imaxe.

Natalia: Para min tamén é a terceira vez na feira. O primeiro ano presentei un espantapaxaros, o segundo un xerador de exercicios de matemáticas e este ano un proxecto de casa domótica con sistemas de seguridade. Os meus favoritos foron o do espantapaxaros e o deste ano. O espantapaxaros era unha base piramidal recuberta con papel reflectante que tiña LEDs UV insertados no papel que facían o mesmo cando estaba nubrado (o LED rebotaba no papel e o reflexo molestáballe aos paxaros nos ollos). De noite, cando algo estivese preto, o sensor de movemento activaba o LED e tamén emitía un son (estaba conectado a un woofer). A alarma deste ano avísate en caso de incendio, roubo, fugas de gas, inundacións e goteiras. Está deseñada con Arduino e conectado a sensores de calor, gas, auga e monóxido de carbono. Ocorréuseme porque son problemas moi comúns nas casas e hai factores que non hai alarmas para eles. Deume bastante traballo, a verdade.

- Dame a impresión que estes proxectazos, aparte do traballo dos sábados na Fundación, implicaron moito tempo e traballo no voso tempo libre, non?

Esther: Bueno, se che gusta, non importa.

Natalia: Si, ti partes das ideas, logo buscas información dos sensores que poden ser útiles e vas programando. É un pouco frustrante cando non vai. Por exemplo, a min ao primeiro os sensores ían pero ao revés. Debeu ser por algún punto e coma.

Lucía: Nós presentámonos sen ter nada feito, pensamos: "Mandámolo, total non perdemos nada, e se nos collen pois preparamos". Nós chegamos, preparabamos e xa levabamos pensado o que queriamos facer esas dúas horas para non perder o tempo, e se non nos daba tempo, quedabamos pola tarde ou pola semana. Como con Arduino Esther e eu empezamos desde cero, meu padriño axudounos co cableado.

- Axúdavos o traballo que facedes nas aulas Parga Pondal para o traballo no instituto?

Esther: Si que axuda. Por exemplo Arduino no colexio ímolo dar mais adiante, e xa vas coa base aprendida. En tecnoloxía nós non demos nada de proxectos. E aparte tes que ir ás feiras e aprendes a presentar o proxecto con soltura. Iso axuda no colexio para lengua, galego,...

Lucía: Por exemplo o cableado de Arduino imos empezar a facelo na 3º avaliación en Tecnoloxía no colexio, e daquela eu poderei axudar aos demais porque xa vou máis avanzada.

Uxía: O que vemos nas Aulas axuda a entender mellor, sobre todo a rama máis científica: física, química, ... Ademais, eu antes tiña moita vergoña cando tiña que saír explicar algo na clase ou con xente que non coñecía, e desde esa vas aprendendo a soltarte un pouco máis, a expoñer,...

Natalia: Á hora de redactar memorias dache moita vantaxe. Nós para presentar o traballo aos concursos temos que escribir unha memoria e resumos de todos os apartados. Aparte, por exemplo eu este ano teño robótica na clase como materia optativa, e os meus compañeiros xa deran esa materia o ano pasado. Eu como xa fora ás Aulas non tiven problema en enganchar.

- Que vos achega ir ás feiras? 

Natalia: Para min xa é a terceira vez na feira de Barcelona. Levei tres proxectos. Este ano fomos 8 persoas das aulas. Permíteche coñecer xente nova e tamén é un reto, porque tes que expoñer. Ao principio dábame un pouco de vergoña pero agora xa ben. Tamén me gusta ver outros proxectos. Este ano había un no que deseñaron gafas para cegos que cando se achegan a un obstáculo vibran, e canto máis preto máis vibran.

Esther: Eu fun a dúas, cando estaba en 6º no 2015 fun a Galiciencia en Ourense, e fomos toda a clase un día nada máis. Ésta é a segunda, e ao ser 3 días na hora de comer podes coñecer outra xente, ver outros proxectos, por exemplo un que creo que era galego dun invernadoiro que regaba con auga do mar.

Uxía: Este ano vin un proxecto que me encantou que estaba tamén na nosa categoría. Era para recuperar un lagarto nunha serra na Comunidade Valenciana, colaborando co Oceanográfico. Estudaron as larvas dese animal, estaba moi ben.

Lucía: Encantoume a experiencia en Barcelona. Era a miña primeira feira, e coñecín xente, fixen amigos, paseino moi ben expoñendo o noso proxecto. Agora a ver se imos a Cambre e a Galiciencia, a ver se nos collen para seguir avanzando.

- Que vos din os vosos pais e nais dos proxectos que facedes?

Lucía: Gústalles moito que dedique o meu tempo a isto e non a ver vídeos e que aprenda e que me valla para o colexio. 

Uxía: Interésanse moito e están contentos porque eu aprenda e que o pase ben. Quédalles un pouco lonxe ese tema, pero voulles explicando.

Esther: Eu tento explicarlles os proxectos pero cústame moito porque eles non sempre o entenden. Aínda así sempre me din: "Vas moi ben" e apóianme. Dinme: "Sen traballo non vai o proxecto adiante, pero tampouco hai que despistarse do traballo de colexio".

Natalia: Eu fágoo fácil de explicar para eles. Saben que a min me gusta e que ao ir as aulas vou aprender máis.

- Que vos gustaría facer con toda esta aprendizaxe? Que oportunidades lle vedes?

Uxía: A min gustaríame estudar algo de ciencias, pero é compatible con calquera outra cousa. No acto da inauguración da feira de Barcelona houbo unha charla dunha rapaza que estudaba Bioloxía e de pequena gustáballe debuxar e o teatro. A xente víao como algo que non estaba relacionado e ela si, porque de feito estudou Bioloxía  pero séguenlle gustando o debuxo e as artes. Non son incompatibles.

Esther: Primeiro gozalo,  e máis adiante coller pola rama de ciencias e tentar traballar en programación e cousas tecnolóxicas ou medicina.

Natalia: Quero facer unha carreira científica.

Lucía: Gustaríame moito ser  fisioterapeuta ou bióloga ou psicóloga. Gústame moito interactuar cos nenos, pero bueno, máis gustaríame ser fisioterapeuta.

- E con tanto STEM, quédavos tempo para outras cousas?

Esther: Os sábados dan para moito. Tamén bailo, toco a pandeireta e o tamboril.

Uxía: Gústame moito a lectura. 

Lucía: Estou en natación e tamén vou a baile, gaita, tamboril e pandeireta. Teño a sorte de que as actividades son todo o sábado, así pola semana estou máis centrada no cole e a finde dedícoa á música e á ciencia.

Natalia: Este ano non tanto, pero fago judo.

- Algunha outra cousiña que queirades engadir?

Lucía: Animaría ás rapazas a probar, porque é algo co que aprendes moito: serve para o colexio como me sirve a min en tecnoloxía; vale para o futuro, pásalo ben e fas amigos.

Esther: Agradecer á Fundación Pondal por esta oportunidade porque sen eles non chegariamos a esta feira.

Quedo moi agradecida por ter coñecido a estas rapazas marabillosas, Esther, Lucía, Natalia e Uxía,  ás que dá gusto escoitar.

Moitas grazas ás catro polo voso tempo e paciencia para contestar a esta entrevista e máis tendo en conta que era un período de vacacións. Parabéns por uns proxectos tan interesantes e por sabelos explicar con xeito e ilusión. Que os vosos soños se cumpran e que sigades colleitando éxitos! 

martes, 27 de marzo de 2018

IES Maruxa Mallo: I Congreso escolar pola igualdade

O informe da OECD Closing the Gender Gap. Act Now (2012) recolle a idea de que a igualdade de xénero non se basea só no empoderamento económico, senón que é un imperativo moral: implica a busca da xustiza e da equidade e ten unha dimensión política, social e cultural. Aínda que hai avances recentes na igualdade no ámbito educativo e hai menos nenas que abandonan a escola, as estatísticas dese informe indican que as mulleres seguimos gañando menos cós homes, témolo máis difícil para chegar aos postos altos e máis probabilidades de pasar os últimos anos da vida en condicións de pobreza. 

A educación é unha ferramenta imprescindible para acabar con esa desigualdade, e a escola constitúe unha plataforma excelente para a superación dos prexuízos sexistas e para conseguir un cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables.

En Galicia, os centros educativos temos unha normativa que regula todo o ámbito da igualdade, que se pode consultar nesta ligazón e da que se nos recomenda polo menos coñecer o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e o Protocolo de identidade de xénero.

De feito, ese primeiro documento ábrese co seguinte parágrafo:
"Educar é proporcionar unha formación integral que lles permita a nenos e nenas, mozos e mozas unha formación plena e que axude a configurar a súa identidade, así como construír unha concepción da realidade que integre á súa vez o coñecemento e a súa valoración ética e moral. Coeducar implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo"

Os plans de convivencia nos centros aspiran a cumprir ese obxectivo de coeducar, asentándose sobre 6 eixes ou piares fundamentais que á súa vez parten do marco normativo de ámbito autonómico do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro (Artigos 17, 18, 22, 23 e 26).

Alén do plan de convivencia, cada vez hai máis centros que organizan actividades en torno a esta temática. A modo de exemplo, grazas á invitación do profesorado do IES Maruxa Mallo, o pasado venres 23 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao I Congreso Escolar pola Igualdade.

O congreso durou dous días, comezou o xoves 22 cunha charla/obradoiro titulada "Xestión do consentimento", impartida por Martina González Veiga e Sabela Maceira Mato. O segundo día tivo lugar o groso do congreso na Casa da Cultura, con relatorios, contidos audiovisuais e performances.

O evento abriuse con alegría, con puntos, saltos e paseos a ritmo da muiñeira "Noró". De seguido, a Secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, felicitou ao Concello de Ordes en xeral e ao IES Maruxa Mallo pola transversalidade de xénero que fomentan: maletas de igualdade viaxeiras, materia de libre configuración, app de servizos e a publicación do libro Isabel Zendal nos arquivos de Galicia (2018).

A entrada de cheo na temática veu coa manchea de relatorios presentados polo alumnado do centro que versaron sobre temas tan diversos como necesarios: publicidade, revisión de series, libros, películas e catálogos de xoguetes, acoso e maltrato, mitos falsos do amor romántico, construción de relacións sans e igualitarias, entrevistas, revisión da masculinidade tradicional, análise do repertorio e a imaxe das orquestras galegas, mutilación xenital feminina, estereotipos do corpo e a beleza, linguaxe non sexista, definición do feminismo e combate de prexuízos.

Foi un desfile de discursos rigorosos nos que se vía que había investigación, traballo e posta en práctica de habilidades de alto orde (análise, comparación, avaliación). Quedamos impresionadas coas capacidades comunicativas de alumnas e alumnos, co emprego que fixeron de medios audiovisuais (presentacións, música e vídeo) e coa boa organización do acto en xeral. Houbo lugar para exposicións orais, rap, cancións pop,  performance, un vídeo gravado con dron, gravacións de entrevistas e proxeccións audiovisuais.

No auditorio resoaron lemas coma:
"Sen loita non hai conquistas"
"Coma min ningunha" 

Parabéns a Susana Méndez Leis, Charo Fernández Velho, José Manuel Dopazo Mella e Alfredo Iglesias Diéguez polo seu traballo e compromiso, e sobre todo ao alumnado polo entusiasmo e bo traballo.



Para saber máis:

  • Noticia en La Voz de Galicia (24/3/2018)
  • Noticia na web do Concello de Ordes (23/3/2018)
  • Noticia en La Voz de Galicia (20/3/2018)

domingo, 11 de marzo de 2018

Mejorando el rendimiento de nuestros dispositivos móviles

Seguramente ya conocéis los NOOC (Nano Open Online Courses) que ofrece el INTEF. Como su nombre indica, son experiencias de aprendizaje muy breves para trabajar un aspecto específico. La oferta es muy variada y va desde gestión de blogs a seguridad, derechos de autor o pensamiento visual. 

He de decir que soy muy fan de los NOOC, pues aunque son snippets breves o tentempiés, presentan el contenido de una forma muy amigable, permiten la autogestión del tiempo y el trabajo y favorecen la interacción en redes pues siempre hay un hashtag que se mueve en Twitter y Facebook y un evento en directo.

Ahora mismo acabo de terminar uno titulado "Aumenta el rendimiento de tu dispositivo móvil", que tiene como objetivo mejorar el rendimiento del dispositivo para sacarle todo su partido en nuestro entorno profesional y personal.

El primer trabajo es hacer una lectura de los materiales y ver los vídeos. A mí me ayuda hacer un resumen general de los contenidos destacados para futura referencia rápida.


El reto de este NOOC consiste en elegir un dispositivo que uso de forma habitual e identificar los problemas que ralentizan o dificultan su rendimiento, proponiendo soluciones de manera sencilla.

He elegido los iPads que empleamos en las actividades y eventos de formación. Son 20 tabletas que se gestionan de manera remota con el MDM (Mobile Device ManagementMeraki que es gratuito para aquellas instituciones que nos registramos antes de marzo de 2017. Este sistema en conjunción con Apple School Manager nos permite varias funcionalidades: instalación, gestión y borrado de aplicaciones; bloqueo de determinadas funciones; establecimiento de perfiles; gestión en caso de pérdida o robo, etc. El uso de los dos sistemas es complejo, pero facilita mucho las operaciones y la gestión de perfiles, a la vez que nos permite un control exhaustivo de los dispositivos.

Los dispositivos se usan con mucha frecuencia con fines estrictamente educativos (empleo de apps de gestión de aula, edición de vídeo e imagen, programación, organización de tareas, etc) y pasan por muchas manos diferentes cada vez, con lo cual requieren una gestión y supervisión continua para asegurarse de que estén listos. Los problemas más habituales que solemos encontrar después de una jornada de formación atañen a la seguridad y al rendimiento del dispositivo. Nos centramos en estos últimos:
  • espacio de almacenamiento casi lleno
  • batería completamente agotada
Como propuesta de mejora, hemos elaborado el plan que se recoge en la siguiente infografía, hecha con easel.ly.





  • Problemas de almacenamiento

Para los problemas de almacenamiento he usado este artículo de Matt Klein, que proporciona varias pautas útiles.

Es imprescindible gestionar las aplicaciones que se van a usar en cada taller, eliminando las que no se necesiten. No siempre es fácil, ya que a veces hay talleres que coinciden en el tiempo que emplean múltiples apps. Esta gestión la hacemos directamente desde ASM, donde vamos comprando apps sin instalarlas a no ser que sea necesario; y desde Meraki, que usamos para instalar y desinstalar apps.

Otra medida es el borrado de fotos y vídeos de los dispositivos al final de cada sesión. Otra opción sería impedir el guardado de archivos, pero así también limitamos el trabajo que se puede hacer en los talleres.

Para nuestro trabajo con los iPads, aunque es raro que los conectemos a un equipo, es interesante también tener la sincronización con iTunes bloqueada, para que por ejemplo no nos copie los archivos de nuestra biblioteca a la tableta.

Y, por último, podemos instalar iMonitor para obtener información inmediata del almacenamiento. De esta forma, cualquier persona que utilice los iPads, independientemente de su conocimiento de iOS puede echar un vistazo rápido al espacio que le queda disponible.
  • Medidas de ahorro de energía 
Los iPads no se suelen quedar sin batería durante las sesiones de trabajo porque son relativamente nuevos (2016). Aún así, sería necesario establecer una serie de medidas en caso de eventos que duran más tiempo (por ejemplo jornadas de formación de un día). Para esta parte he usado los consejos de este artículo de Sam Costello y este otro de Jill Duffy y Chandra Steele

La primera sería el bloqueo automático del dispositivo (Settings>Display & Brightness>Auto-lock). También bloquearíamos las actualizaciones en segundo plano (Settings>General>Background app refresh (desactivar)). Bajaríamos el brillo de la pantalla (Settings>Display&Brightness (ajustar)). Luego, tomadas estas medidas con antelación, durante las jornadas de formación, invitaríamos a los/as usuarios/as a que desactivasen la Wi-fi, Bluetooth y Airdrop cuando no se estén usando.

  • Otros problemas
Otro problema que suele surgir al usar las tabletas es que no se ha hecho la copia de seguridad en iCloud, porque cada iPad tiene un usuario que no se le facilita al alumnado y al apagar y encender el dispositivo vuelve a pedirlo. Quizás tendríamos que facilitar a la persona encargada del taller las contraseñas para que no salte ese aviso y que el iPad no esté constantemente enviando esa notificación e intentando hacer el guardado en iCloud, lo cual sin duda también consume batería.

Para saber más:

Marcos Marrero (OAOA): Outros xeitos de ensinar matemáticas

Onte sábado, cando os medios nos alertaban da presenza do temporal Félix, na Fundación Pondal d'O Couto invitábannos a acubillarnos a carón da lareira e aprender outros xeitos de ensinar matemáticas da man de Marcos Marrero Cárdenas nunha actividade organizada polo CFR de Coruña (centro colaborador de Vimianzo).



Este docente de Educación Física formouse con Antonio Martín e actualmente é embaixador do colectivo OAOA, unhas siglas que responden ao nome "Otros Algoritmos para Operaciones Matemáticas". Na súa bitácora preséntanse dentro do seguinte marco teórico:

"Está formado por las miles de ideas y ganas de hacer una mejor educación matemática de cientos de docentes de todos los niveles (infantil, primaria, secundaria y universidad), de muchos lugares de España y América Latina. Su aportación ha enriquecido la metodología OAOA, dando lugar al nacimiento de un Movimiento OAOA para renovar radicalmente la enseñanza y el aprendizaje de las matemáticas. A este proyecto OAOA se unen la nuevas tecnologías, y el uso adecuado de las mismas para el desarrollo del razonamiento lógico matemático en el siglo XXI".
A metáfora do pote e os rachóns compartindo espazo con visualizador de documentos, portátil e proxector foi ben acertada co lema elixido: "Hai futuro educativo no rural". A Fundación Pondal desde logo fai esforzos loables neste ámbito, combinando as raíces coa modernidade en actividades coma o Simposio Pondaliano, o Festiletras, a Universidade Rural, obradoiros de regueifa ou as aulas científico-tecnolóxicas.



Nesta xornada compartimos experiencia de aprendizaxe pais e nais, docentes, futuros/as docentes e asesores de formación. Para min foi a primeira oportunidade de coincidir con todos estes colectivos á vez e desde logo foi moi interesante observar reaccións e actitudes, e sobre todo intercambiar impresións ao remate.

Sobre o relatorio de Marcos Marrero, deixádeme puntualizar que non son docente de matemáticas e por tanto non podo dar unha opinión detallada nin con coñecemento de causa, alén de artigos que teño lido, un par de sesións de formación sobre o método ABN, e conversas informais con compañeiros/as que si son especialistas. O que si vos podo deixar nesta entrada son as impresións que recollín e os recursos que se nos facilitaron.


Marrero comezou por indicarnos que o colectivo OAOA, como indica no seu marco, bebe de diversas fontes e mestura varias correntes metodolóxicas, entre outras:

Despois desta breve introdución teórica, fíxonos conscientes a través da experiencia dos criterios e métodos que empregamos para facer operacións básicas e da dificultade que temos para verbalizar eses procesos.


O corpo do relatorio consistiu na alternancia de demostracións co visionado de vídeos do seu alumnado, co obxectivo de presentar maneiras de traballar a manipulación como transición á abstracción e a "resta pensando" cos métodos de descomposición, composición e compensación.

Para finalizar, falou sobre o método de aprendizaxe de matemáticas en Singapur, partindo deste vídeo e fixo a reflexión de que realmente este sistema, ao igual que a metodoloxía da OAOA non é realmente innovación, pois Dona Ramona, a avoa dunha das súas alumnas, fai uso desa mesma destreza que aprendeu nos seus tempos (ten 83 anos).

Pola miña parte, as conclusións que saco son:
  1. No CEIP Isaac de Vega a dirección e o claustro teñen claro que esta é a metodoloxía que queren seguir e ofrecen apoio ao profesorado para que todos/as traballen na mesma liña. Marcos visita as aulas dos/as compañeiros/as 2 veces por semana, e os docentes de nova incorporación reciben formación neste ámbito. Existe unha continuidade e coherencia metodolóxica.
  2. Sendo docente de linguas, sorprendeume o articulada que era a linguaxe do alumnado e o ben que eran capaces de expresar o proceso (complexo) polo que chegaban ao resultado final. Creo que esa integración de habilidades lóxico-matemáticas e lingüísticas é moi interesante.
  3. Gustoume a filosofía ecléctica de OAOA e a flexibilidade que teñen á hora de incorporar materiais, recursos e metodoloxías ao servizo duns obxectivos claramente definidos. Ao fin e ao cabo, non é esa a actitude que temos os docentes cara a conformación do noso calidoscopio educativo?
Remato agradecendo a Marcos Marrero o seu entusiasmo na presentación e José María Varela o convite a participar nesta sesión de formación.

De seguido podedes ver fotos do material que ten editado para emprego do seu alumnado, e déixovos tamén uns breves apuntamentos da sesión e os recursos que Marcos Marrero nos recomendou.






Recursos:

Sobre este espazo / About this blog

Somos calidoscopios. Un corpo cun único visor, cheo de anaquiños de aquí e de acolá que van caendo dun lado para outro de xeito caprichoso. Son os espellos os que crean unha vista homoxénea. Reproducen unha e outra vez eses elementos e acumúlanos, ordenando ese fermoso caos.

dp792, sen título en Pixabay CC0 1.0 

O espello número un foron aquelas clases aos/ás pequenos/as do lugar. Con 13-14 anos había pouca base pedagóxica, pero moita cercanía, confianza e ganas.

O espello número dous constituírono as clases do 2003 no Willenhall School Sports College. O primeiro traballo en equipo. Enriquecedor, simbiótico.

O espello número tres veu dado pola University of Kansas. Unha experiencia de aprendizaxe integral, unha exploración profunda das habilidades que hai que activar e pór en acción á hora de ensinar. O Department of Spanish and Portuguese e o Center for Teaching Excellence fan un traballo extraordinario de formación, asesoramento, guía e mentorización. A observación e o acompañamento continuado de compañeiros/as e xefes/as de departamento permitiume detectar carencias e necesidades e conformar unha filosofía do ensino e unha metodoloxía de traballo na que creo firmemente. Marcoume un camiño no que sigo tentando andar.

O espello número catro foi a case-década na Escola Oficial de Idiomas. O pouso da continuidade, a aprendizaxe de grandes profesionais cunha experiencia máis dilatada e o sentimento de pertencer a un  centro unido e con visión.

O espello número cinco é o traballo no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Por primeira vez en moito tempo, lonxe da aula e tendo que ampliar miras alén do ensino de linguas. Aprendendo de xigantes que traballan ao meu carón ou en centros educativos dos que non oíra nin falar.

Este é un calidoscopio inventado: non hai calidoscopios con cinco espellos, o máximo son tres. As visións que obterás serán deformadas,  de cando en cando caerá algún anaco de vidro ou algún elemento inesperado. Éche o que ten a experiencia persoal e a subxectividade.

Deixarei un rastro de peciñas, colle as que che vallan.

We are kaleidoscopes. A body with just one eyehole and bits and pieces that fall whimsically here and there. It's the mirror assembly that creates a homogeneous view. It shows a reflection of the elements and repeats it in a loop, creating order out of that beautiful chaos.


dp792sen título en Pixabay CC0 1.0 

Mirror number one were those classes I gave to children in my small village. I was only 13-14 and had little pedagogical knowledge, but I was close, reliable, and enthusiastic.

Mirror number two were those 2003 classes at Willenhall School Sports College. The first time I felt part of a team. An enriching, symbiotic experience.

Mirror number three was provided by the University of Kansas. A comprehensive learning experience, a deep insight into the skills that must be activated and put into practice when teaching. The Department of Spanish and Portuguese and the Center for Teaching Excellence do an outstanding job at training, guiding and mentoring new teachers. Observation and continued guidance from peers and heads of department raised awareness of my weaknesses and helped me put together a teaching philosophy and methodology which I still stick to. It lit a path that I will strive to follow.

Mirror number four was the close to a decade experience at an EOI (Official School of Languages). It allowed for ongoing development, learning from great professionals with a wider experience and the feeling of belonging to a school that had a vision.

Mirror number five is my current job at a teacher training centre (CAFI). For the first time in a long while, I am away from the classroom and having to expand horizons beyond language teaching. I am learning from giants, both those that work next to me in our organization, and those that work in schools I had never even heard of.

This is an imaginary kaleidoscope - there are no kaleidoscopes with five mirrors, three is the maximum. The visions you will get in this blog will be deformed. Once in a while, a little glass piece or unexpected element will fall down. It's to be expected when subjective views are expressed. 

I will leave a trail of little pieces behind, take the ones that best suit your needs.